Foliada é un videoxogo onde participas nunha foliada tocando a pandeireta (un pouco evidente, non?). Festa rachada financiada pola Diputación e por algún supermercado local. Consegue unha boa puntuación para que a festa sexa lembrada por anos e acabe sendo nombrada de interese turístico. Igual ata sae nunha das revistas do clube Eroski.

Acompañando á festa está o Gatipedro, igual con sorte non fai mexar a algún neno na cama porque botarase a durmir tralo gholgorio montado.

Podes xogar con mando ou con teclado. Soamente debes tocar un toque, un maneo ou un rasgueo (T, M ou R) cando se acheguen á frecha azul. En mando, tes que seguir os controis que aparecen na pantalla. Ao rematar a foliada, podes continuar tocando no modo infinito!

Dende a pantalla principal podes regular o volumen do son pulsando nas frechas ou ben, dándolle á dereita ou esqueda no mando que estés a usar ou nas frechas do propio teclado.

Xogo participante na #AmorodoJam25


Unha aperta moi forte á comunidade de Todogodot polo apoio e pola resolución de dúvidas.


Download

Download
Foliada - Windows version.zip 29 MB

Comments

Log in with itch.io to leave a comment.

Boas, desculpa que contactemos así... 

Dende a Fundación Carlos Casares estamos contactando con perfís de Itch.io que facedes videoxogos en galego. Estamos organizando unha game jam, titulada "Dende o galego, con humor", para crear un prototipo de videoxogo en lingua galega entre o 5 e o 12 de decembro, con premios en metálico. Gustaríanos que participases se tes opción e tamén que fagas difusión. 

Podes acceder á jam e ás bases neste enlace: https://itch.io/jam/dende-o-galego-con-humor-game-jam-con-premios 

Grazas!!

Fantástico, divertido ver como van aparecendo a bailar as xentes do lugar, hehe. Ao principio é complicado pola selección de teclas, pero logo te acostumas e axiña animas a festa. Noraboa polo xoguiño!! ^^

Gracias! a selección de teclas é incómoda a sabiendas, que algo de dificultade tiña que ter hahhaa

Moi bo, coma sempre!

Graciñas!!!! <3